Busca en Ourense

Búsqueda personalizada

Iglesia románica de Vilar de Lebres

Edificio de planta rectangular, con muros de perpiaño e presbiterio destacado en altura. Na fachada principal portada de arco de medio punto con arquivoltas de boceles apeando en impostas e columnas acodilladas nas xambas, co tímpano liso sobre mochetas. Sobre ela ventá de medio punto con columniñas e arquivoltas sobre o arco. Espadana de dous corpos: o inferior de dous arcos con pequenos aletóns e frontón semicircular con remates de cruz de pedra. Nos ángulos, pirámides de bolas. No testeiro, ventá de arco de medio punto con banda decorada con bolas e toro no intradous que apea en impostas onduladas sobre dúas columniñas con capiteis.
 
Nos libros de contas de fábrica da parroquia, figura un descargo que se lle pagou ao canteiro por "deshaçer y levantar la puerta de la sacristia que er muy baxa"  (Libro 45-7-5, folio 16).
 
Na visita do ano 1665, mándase que se "compongan y allanen el suelo de la iglesia" e que se faga un cobertizo ou tellado que cubra unha entrada que se ordeou se fixese dende o coro para tocar as campás, quitando a escaleira que estaba por fóra (Libro 45-7-5, folios 25 volto e 26). No ano 1677 tapiouse de pedra unha vella porta que se atopaba na parte do púlpito (Libro 45-7-5, folio 48 volto).
 
En 1718-1719 consta un descargo de 300 reais que se invertiron en levantar e reedificar o arco da igrexa (Libro 45-7-6, 39 volto).
 
Entre 1792-1803, rematouse o adro da igrexa e o calvario, feito polo canteiro Moreiras, concertado en 5100 reais (Libro 35-7-6, 105 volto)