Busca en Ourense

Búsqueda personalizada

Iglesia románica de Novás

La iglesia románica de Novas,en el concello de Xinzo de Limia es un bonito ejemplar de románico rural.
Su estado de conservación es excelente ,conservando casi en su totalidad la obra original.
De planta basilical ,su portada es de arco de medio punto y dos arquivoltas, posee una buena collección de canecillos

iglesia románica de Novás
É a igrexa de Novás unha pequena e fermosa edificación románica que se conservou prácticamente inalterada ata os nosos días. O edificio está construído en perpiaño, con algúns elementos a tizón e procurando fiadas regulares. Nalgún destes perpiaños percíbense marcas de canteiro. Existe unha gradación de volumes, diferenciando a zona da ábsida do resto da nave. A súa fachada é bastante austera a excepción da portada de acceso. Aquí elaborouse unha porta de arco de medio punto con triple arquivolta, a primeira de doelas lisas sen decoración, a segunda ornamentada con dobre bocel sobre o que se dispón un ziz-zag e finalmente decoración vexetal de follas. Esta repetiráse na terceira arquivolta xunto a decoración de bolas. Os arcos repousan sobre impostas decoradas igualmente con bolas e á súa vez estas sobre xambas con relevos en zig-zag.
 
No centro da fachada ergueuse unha pequena e rudimentaria espadana con un receptáculo con arco de medio punto peraltado e dous pináculos piramidais con bola rematando a estrutura.
 
Outra porta de entrada localízase na fachada norte, tamén de arco de medio punto, mais neste caso sen decoración. Toda a igrexa conta con modillóns sostendo unha forte cornixa labrada en planos lisos (a excepción da zona da ábsida onde se ornamentou con un liña ondulante en zig-zag)  e estes son decorados. No lateral norte as formas escollidas son preferentemente xeométricas mentres que na fachada contraria e preferentemente na ábside combínanse coas animalísticas.
O testeiro é recto, e no mesmo únicamente se abre como vano unha pequena seteira. Sen embargo, mirando cara ó sur si se lle abriu unha fiestra de maior amplitude, arquitrabada e con derrame cara ó exterior, é produto dunha reforma posterior.
 
A unión dos dous volumes que compoñen o edificio prodúcese mediante o adosamento sen que cheguen a engarzarse. A cuberta é a dúas augas é está algo elevada con respecto á cota que tería en orixe.
 
No contorno da igrexa sitúase o camposanto con unha intervención bastante desafortunada, debido a que se construiron tumbas en altura e en materiais disonantes coa igrexa.