Busca en Ourense

Búsqueda personalizada

Iglesia de Solbeira de Limia

Iglesia Románica de Solveira
San pedro de Solbeira, sendo sinxela, destaca pola súa ornamentación, realizada a base de bolas que percorren toda a cornixa que coroa a edificación primixenia ó igual que a súa espadana, esta con dobre oco para as campás e corpo de forma triangular na parte superior, emprega na imposta dos arcos o mesmo  motivo decorativo.
 
A portada ábrese con arco de medio punto coas doelas decoradas igualmente con bolas, de maior tamaño que as anteriormente mencionadas. Os capiteis e columnas nas que se apoia o arco están labrados en baixorrelevo nos propios perpiaños que flanquean o vano da porta. Outra porta de entrada sitúase no lado norte, tamén de arco de medio punto mais este sen decoración.
 
A finais do século XVII (1695) estanse a producir obras na igrexa, como así se reflicte na partida de diñeiro que se emprega en levanta-lo coro e alarga-la sacristía (17.21.15 Fol.26). É neste momento cando debe colocarse a nova cornixa sobre canzorros en caveto e se amplía a sacristía, posiblemente cara ó oeste. Trátase dunha igrexa con iluminación exterior escasa, de feito, ata que en 1771 se abre unha "lucerna" no coro ou capela maior (17.21.15 Fol. 75) que se atopa no lado sur, non debía contar con ningún vano máis que o da fronteira da igrexa. Neste mesmo momento elimínase unha "torrezilla que avía sobre el arco porque por ella vajaba agua a la sacristia y coro". Tamén entre 1784 - 1787 prodúcese a abertura doutra fiestra na fábrica, neste caso na sacristía, sendo o artífice o mestre Bouzán con un custe de 15 reais (17.21.15 Fol. 85).
 
Finalmente o suceso máis importante para a igrexa será o incendio de 1915 (17.21.9 Sen fol.) feito polo que hoxe ten unha bóveda de canón de cemento. No lado sur, xunto ó campanario existe un reloxo de sol circular.
Iglesia Románica de Solveira-2