La iglesia Románica de Codesedo en el concello de Sarreaus es uno de las mas majestuosas de la provincia.
Edificio de planta rectangular, coa ábsida destacada en planta, muros de perpiaño e cuberta a tres augas con tella curva. Os muros laterais están artellados por contrafortes e arquiños cegos; no Norte adósase unha capela. Na fachada principal, porta con tres arquivoltas e tímpano liso sobre mochetas e torre cadrada, con dous vans na parte superior en cada unha das súas caras. Foi engadida no século XVI. Portada Sur con arquivoltas e decoración de axedrezado nas impostas, e columnas con capiteis con decoración estilizada vexetal. Decoración na cornixa de bolas e de temas profanos nos canzorros. Algúns sillares teñen marcas de canteiro.
Nos libros parroquiais, en visita de 1640, consta o mandato de facer a cubrición do chapitel con madeira e tella (Libro de Visitas e contas, visita do 15 de maio de 1640, folio 30). Tamén consta, a existencia dun cabildo de pedra:"de sillería labrada y una cruz e piedra" (Libro de Visitas e contas, 45-6-9, visita de 1 de marzo de 1637, folio 19).
A cabeceira, cadrada e rematada en pináculos, foi engadida en 1707. Non aparece mención explícita no Libro de fábrica da parroquia, destas obras. Dende 1697 a 1709 recóllense os gastos da parroquia en: pintura da igrexa, para a campá, torre e para ornatos (Libro de contas de fábrica, visita do 24 de maio de 1711).
O Retablo Maior é barroco, con imaxes como a Asunción, San Pedro, San Andrés ou Santiago Peregrino. De gran calidade é unha talla da Inmaculada e un Santo Cristo do século XIV. Do mesmo século son a pía bautismal e un cáliz. A cruz procesional é barroca